CRTVG

Buscar

Unha empresa do Salnés elabora un proxecto piloto para matar 'velutinas' con xeo

Publicado o 07/09/2020 16:25

Calibramos a temperatura do niño cun pequeno dron, para logo disparar estes proxectís de xeo carbónico a máis de 56 metros de altura con outro dron que dispón de fusil e mira telescópica.

O obxectivo é neutralizar un niño de 'velutina' inaccesible sobre a copa dun eucalipto. Facendo un esforzo óptico e auditivo verán e escoitarán os disparos. O niño neutralízase rozando os vinte e catro graos.

Ata agora disparábase veleno, pero as novas normas ambientais van sendo máis esixentes e é máis ecolóxico e menos perigosa a auga. Para desactivar o niño lanzáronse vinte bólas.

Para os concellos adheridos á mancomunidade o servizo é de balde. A Administración galega tamén se interesou polo servizo.

O prezo das intervencións deste sistema que a empresa Aeromar patentou para toda España anda entre os cen e os douscentos euros, máis o desprazamento.

Noticias web

07/09/2020