Unha empresa do Porriño impón a xornada laboral de catro días sen redución de salario
Publicado o 22/10/2021 14:59
Unha empresa de toldos do Porriño é pioneira na implantación da semana laboral de catro días sen aplicar reducións no salario. A idea, que lentamente se vai estendendo por Europa, ten grande acollida na rúa.
E moitos vena moi importante para conciliar. Pero a súa implantación non é sinxela en moitos sectores.
Os expertos destacan que non deben diminuir as condicións laborais. Polo momento, no Porriño sinalan que os traballadores están máis motivados e que a actividade produtiva non se ve afectada.