CRTVG

Buscar

Unha empresa de Vigo crea un sistema de desinfección para coches e persoas

Publicado o 25/04/2020 13:40

En tres semanas estará no mercado o túnel de lavado de ozono para desinfectar persoas e vehículos que está ultimando o grupo de automoción Izmar con dúas plantas en Galicia, en Vigo e Moraña.

Os túneles, que se poderían instalar en gasolineiras ou lugares públicos, serán asumibles economicamente tamén para empresas con medio cento de operarios.

Este é o prototipo deseñado polo grupo Izmar para desinfectar vehículos e persoas e mesmo o interior dos vehículos. Unha especie de túnel de lavado ou marquesiña que ten capacidade para desinfectar o interior e o exterior dun vehículo.

Nesta planta traballan habitualmente preto dun centenar de operarios, ademais de prestar un servizo á sociedade, tentan preservar os empregos no caso de que se demore á volta ao traballo da automoción.


 

Noticias web

25/04/2020