CRTVG

Buscar

Unha empresa de Santiago proxecta luz en 23 países

Publicado o 21/02/2019 14:59

Levan sete anos no mercado e sitúasen xa entre as cincuenta empresas que máis crecen de Europa. Teñen sede en Santiago e dedícanse á iluminación led profesional. As súas luminarias públicas acenden en 23 países. Agora traballan para dotalas de intelixencia.

Ilumina preto de 250 concellos en España, e proxectan a súa polo mundo. Con presenza en 23 países, fíxose competitiva cun produto que se adaptaba ás distintas normativas e o garante dun deseño propio.

Marcos Juncal, responsable do produto: "Tanto no deseño mecánico que pode ter unha luminaria como a nivel de compoñentes, como pode ser fonte de alimentación, un protector, unha lente... todo é xestionado por nós".

Traballan nunha plataforma para dotar de intelixencia a iluminación e xestionar de xeito remoto avarías e datos de consumo. Buscan posicionarse no futuro das smart cities, as cidades intelixentes.

Rubén Negro, enxeñeiro de software: "Este protocolo non só podería xestionar luminarias, senón que podería facer mil dispositivos. Control de buses, colectores de lixo para saber cales están cheos e cales non e facer mellorres rutas..."

Na súa facturación, case a metade, seis millóns, proveñen do mercado internacional.

Noticias web

21/02/2019