CRTVG

Buscar

Unha empresa de Lugo equipa as grandes cadeas hoteleiras

Publicado o 18/06/2020 14:38

Nunha nave do barrio lugués da Ponte fábricanse as cámaras frigoríficas, mobiliario de cociña, mostradores de buffet coas que equipan os seus establecementos algunhas das grandes cadeas hoteleiras internacionais. Tres xeracións levan seis décadas á fronte dun negocio que non para de reinventarse. A súa aposta pola innovación permitelles manter o seu ritmo de crecemento e capear o temporal económico tras a crise sanitaria.

"A sorte que temos é que somos fabricantes, fabricamos o noso produto, aceiro a medida, e distribuímos", explica Manuel Varela, director de Enxeñería do grupo Migan.

Estes días traballan no interior do primeiro hotel en Galicia da cadea Hilton. Situado na antiga sede de Rede Eléctrica na cidade da Coruña, é o terceiro proxecto que desenvolven para esta cadea de hoteis de luxo. Na axenda teñen outros sete proxectos hoteleiros máis e dous centros comerciais.

"Aquí fabrícase todo e recepcionase todo o material que integra o mobiliario, a carga de traballo que temos é importante, non tivemos que recorrer a un ERTE", engade Manuel Varela.

Dende Lugo exportan a unha decena de países. O ano pasado o seu volume de negocio medrou o 35 por cento.

Noticias web

18/06/2020