Unha empresa de castañas de Monterroso, distinguida como peme do ano da provincia de Lugo
Publicado o 19/08/2021 10:45
Fundouse hai medio século, Alibós dedícase á transformación e elaboración da castaña. Un total de 8.000 toneladas ao ano sometidas a un proceso técnico moi complicado.
Este ano foron distinguidos co premio Peme do ano de Lugo. É unha empresa moi internacionalizada. O 98 por cento do seu produto destínase a 27 países.
No 2020 conseguiron converter a pandemia nunha oportunidade de negocio.Dá traballo a milleiros de persoas en Galicia e Portugal, moitas delas en zonas deprimidas. Levan plantados no país 300.000 castiñeiros nos últimos anos.
Alibós Galicia transforma e comercializa 8.000 toneladas de castaña ao ano a 27 países de todo o mundo. Na pandemia aumentaron as súas vendas un 17 por cento.