CRTVG

Buscar

Unha empresa de almorzos a domicilio de Gondomar cuadriplicou os ingresos na corentena

Publicado o 02/06/2020 13:45

Un establecemento de Gondomar cuadruplicou os seus ingresos durante a corentena e mesmo xerou novos postos de traballo. É unha empresa que serve almorzos personalizados a domicilio por toda España con encargos do máis variado.

Serviron comida e á vez sentimentos de todo tipo. Dende almorzos que agochaban pedidas de man ata solicitudes de divorcio, pero o que máis abundan son os bos sentimentos e emocións.

O éxito animounos a abrir novas liñas de mercado. Pronto ofrecerán merendas personalizadas e preparan unha food truck para servizos e celebracións a domicilio.

Noticias web

02/06/2020