Unha ducia de amigos do rei emérito prestáronlle os 4.4 millóns para pagar a Facenda
Unha ducia de empresarios e amigos do rei emérito prestáronlle os máis de catro millóns de euros que pagou a Facenda para regularizar a débeda de oito millóns que tiña con ela, segundo publica o xornal El País.
Esta cantidade está relacionada coa fundación Zagatka, do seu curmán Álvaro de Orleáns, que pagou numerosas viaxes privadas en avión de don Xoán Carlos ata 2018.
Segundo este xornal, a fórmula elixida polos contibuíntes, para recadar estes fondos, foi un crédito persoal, en vez da doazón, gravada cun 40 por cento en impostos.
Esta é a segunda regularización coa Axencia Tributaria do rei emérito, tras o pago a Facenda doutros 600.000 euros polas tarxetas que lle subministrou un empresario mexicano para os seus gastos e os dos seus familiares, entre os que non figuraban os Reis.