Unha divorciada debe abandonar a vivenda familiar por convivir coa nova parella
Primeira sentenza en Galicia que obriga unha muller divorciada a abandonar o domicilio familiar co seu fillo menor de idade. A Audiencia de Vigo entende que o dereito de uso da vivenda familiar se perde cando un terceiro, neste caso unha nova parella da muller, entra a vivir no domicilio. A sala dálle un prazo de tres anos para abandonar a vivenda.
A nova decisión xudicial deixa sen efecto a sentenza de divorcio que atribuía o uso da vivenda familiar ao fillo menor de idade e á nai custodia. A sentenza priva da vivenda a muller e o cativo, xa que na actualidade nela residen a maiores súa nai, un irmán, así como a nova parella e un fillo desta segunda relación.
A sala civil da Audiencia en Vigo baséase nunha sentenza do Supremo emitida o pasado mes de novembro e que supuxo unha revolución xurídica no ámbito do dereito de familia.
A muller terá que deixar a vivenda nun prazo de tres anos unha vez estea liquidada a sociedade de gananciais.