CRTVG

Buscar

Unha despedida do 2020 chea de contrastes

Publicado o 01/01/2021 16:21

Mentres na China xa saúdaban o primeiro sol do ano, os brasileiros despedíanse do derradeiro de 2020 antes de pasar a primeira noite do Aninovo nas praias a ritmo de samba.

O ambiente festivo e multitudinario das rúas das cidades dalgúns países asiáticos nas celebracións programadas contrastaou vivamente esta medianoite ca soidade das cidades europeas con restriccións como Berlín, Madrid, Londres ou París.

E a pesar de todo, Nova York non se resistiu a recibir o Aninovo de portas afora, se non co mellor sorriso sí cas máscaras máis festivas.

O primeiro de ano sempre é unha celebración na cidade chinesa de Harbin que abre neste día o seu espectacular Festival de Xeo con milleiros de visitantes malia as inhóspitas temperaturas.

Case tanta cor como a que debuxaron os fogos de artificio nos ceos de medio mundo e tamén nos corazóns desde Moscova a Dubai ou Exipto, ata a mesma Corea do Norte.
 

Noticias web

01/01/2021