CRTVG

Buscar

Unha decena de hoteis están en venda no Salnés por falta de remuda

Publicado o 10/02/2021 21:02

Os propietarios deste hotel de Cambados teñen outro negocio nun municipio próximo e venden ou alugan o que está ubicado a carón do Paseo da Calzada porque, tal e como están as cousas, non lles compensa mantelo.

Estoutro hotel do Grove está anunciado en varios portais inmobiliarios. Véndese por xubilación e por falta de remuda e leva meses dispoñible, antes de que todo cambiase en marzo de 2020.

Do medio cento de hoteis de toda Galicia que esta axente arousá ten en carteira, só un par deles pecharon definitivamente por mor da pandemia.

O que si frustra a crise da covid son algunhas operacións de venda, porque segue habendo compradores interesados.

Os vendedores recoñecen, arestora, unha leve rebaixa nos prezos destas propiedades, arredor dun 10 e un 15 %.

Noticias web

10/02/2021