Unha de cada catro persoas non acode aos cribados para detectar asintomáticos
Publicado o 14/12/2020 13:55

O Sergas continua a facer cribadas masivos en determinadas poboacións para detectar persoas asintomáticas, pero os chamados a facer as probas non sempre acoden.
Na primeira semana de decembro foron invitadas a facelas máis de 21.000 persoas, pero o 22 % non acudiu á cita. Entre as máis de 16.000 persoas que si as fixeron puidéronse destapar máis dun cento de positivos.
A participación cambia cando os cribados se fan entre colectivos profesionais como forzas de seguridade ou nos servizos de axuda no fogar, onde roza o 100 %.