CRTVG

Buscar

Unha DANA golpea Estremadura, Andalucía e Valencia

Publicado o 05/11/2020 14:00

Un novo episodio de gota fría puxo en alerta as comunidades de Estremadura, Valencia e Andalucía. A chuvia torrencial que caeu nas últimas horas obrigou a rescatar ducias de persoas atrapadas nas súas vivendas e nos seus vehículos.

Dúas horas de chuvia torrencial colapsaron a localidade estremeña de Ribera del Fresno.

Rúas, vivendas e naves industriais quedaron anegadas pola enchente dun regato e a auga levou por diante coches e colectores.

Os bombeiros tiveron que rescatar ademais varias persoas que quedaran illadas.

Estremadura está baixo os efectos dunha DANA, coñecida como gota fría, e que está golpeando tamén Andalucía pero sobre todo Valencia.

As localidades máis afectadas son as de Cullera, Xàbia e Sueca. Nesta ultima rexistráronse preto de 360 metros por metro cadrado en 24 horas.

A intensidade da chuvia caída obrigou os bombeiros a ter que rescatar máis dunha ducia de persoas, logo de que auga anegase por completo vivendas, baixos e un cámping.

Noticias web

05/11/2020