Unha cooperativa de Val de Xestoso vende 300 quilos de grelos semanais en Madrid
Nas leiras do Val de Xestoso no concello de Monfero, as plantacións que priman son as de grelos. Hai anos que se deron conta da calidade da produción e agora a sua aposta pas apor que tamén o valoren fora de Galicia.
"Temos un convenio para mandar a MercaMadrid estámolos mandando, xa van dous viaxes de grelos e bueno é un futuro incerto de momento porque estamos abrindo un mercado que non tiñamos aberto, entonces estamos intentando promocionar o grelo alá, o grelo de Val de Xestos, claro."Juan Javier Vila Couto, Secretario da Cooperativa Val de Xestoso.
"Estamos mandando todas as semanas sobre 300 kilos, manoxox coma estes, o manoxo e de kilo" di Francisca Couto, Xerente da Cooperativa Val de Xestoso.
De momento a experiencia está a ser positiva e o grelo de Monfero está a ter boa aceptación.
"Ben en principio ben, estase vendendo ben para ser un produto novedos, xa sebedes que o mercado é complicado, e ben , todo o que vai estase a vender co cal xa somos positivos" di Francisca Couto Xerente da Cooperativa Val de Xestoso.
25 produtores da cooperativa participan neste proxecto. Aseguran que os grelos de Monfero teñen identidade propia cunha acidez e unhas características que marcan a diferenza.
"As características de este grelo máis importantes sería a acidez, que ten unha acidez que nin é dulce nin é agria, está nun intermedio moi ben equilibrado, por eso á xente lle chama tanto a atención o sabor que ten" di Juan Javier Vila Couto, Secretario da Cooperativa Val de Xestoso.
"O grelo noso ten unha característica moi especial que é o que é o rabiño este non se pode sacar, poruqe é precioso, marabilloso, tipo espárrago. Cando o propio canutiño este empecemos a sacar uns fios entón xa non é de Xestoso, porque o máis rico do grelo de Xestos e eso" asegura Luis Ángel Rodríguez Patiño.
Desde a cooperativa esperan que a iniciativa prospere e que a demanda de grelo de Monfero anime os veciños a ampliar as producións existentes e a incorporación de novos produtores.