CRTVG

Buscar

Unha cooperativa de orquestras crea unha web para dar trasparencia aos prezos das actuacións

Publicado o 30/08/2021 16:28

Apostar pola transparencia. Que todo o mundo saiba canto custa unha orquestra e tamén todos os servizos relacionados cunha verbena, por exemplo polbeiras ou pirotécnicas. Así xa as comisións de festas ou os concellos poden calcular con meses de adianto cal vai ser o prezo da súa festa. Ese é o propósito principal da nova cooperativa de orquestras de Galicia e o seu portal web.

A cooperativa en ningún caso quere substituír o labor dos representantes, que din que son moi importantes para que o sector, moi castigado nos últimos tempos, consiga remontar.

Polo de agora, esta iniciativa pioneira está sendo moi ben recibida e xa hai outras comunidades que están contactando coa cooperativa galega para poñer en marcha proxectos similares.

Noticias web

30/08/2021