Unha comisión especial do Exército do Aire investiga o accidente en que onte morreron dous militares en Murcia
Unha comisión especial de peritos do Exército do Aire investiga o accidente en que onte morreron un instrutor e unha alumna da Academia do Exército do Aire de San Javier, en Murcia. O Goberno defende que a avioneta estaba en bo estado.
"Eu o único que podo dicir é que a avioneta funcionara o día anterior e esa mesma mañá. De feito, ese era o segundo voo, do que xa fixeran dúas engalaxes", di a Ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles.
Pero as reivindicacións do xefe de Estado Maior do Exército do Aire, o xeneral Javier Salto, levan meses na páxina web do propio Ministerio de Defensa: o persoal é escaso para a carga de traballo que ten, e ademais hai modelos de avións que é preciso renovar, como o C-101, o sinistrado hai menos dun mes tamén no Mar Menor, cando morreu un dos pilotos da Patrulla Águila.