CRTVG

Buscar

Unha colección con máis de 3.000 pezas de distintos oficios e épocas dun veciño da Merca

Publicado o 22/04/2021 21:01

A paixón pola etnografía e as antigüidades levou un veciño da Merca, Ramón Rodríguez, a atesourar unha colección de máis de 3.000 obxectos. Pezas de disintos oficios e de distintas época.

Construíu unha ducia de casetas para gardalas, agrupadas por temáticas. Comezou a súa colección a finais dos anos 60 cando decidiu volver á súa aldea natal e montar unha taberna. Decorouna con cousas antigas e a xente empezou a levarlle máis.

Outras rescatounas el do esquecemento. Xa cedeu varios obxectos a distintos museos, pero o desexo é que algún organismo se faga cargo de toda a colección para pór en valor a memoria do que fomos.

Noticias web

22/04/2021