CRTVG

Buscar

Unha chuvia de cores inundou Compostela na véspera do Día de Galicia

Publicado o 25/07/2020 11:50

Seis espectáculos pirotécnicos simultáneos e iguais encheron de luz e cores a noite da véspera do Día de Galicia en Compostela. Deste xeito pretendeuse sortear as dificultades provocadas pola crise da covid-19 evitando as aglomeracións que noutros anos se concentraban na praza do Obradoiro, lugar tradicional onde se seguía este evento.

A visión, privilexiada, desde o aire, fai que sexa ainda máis chamativa a coincidencia das máis de cen formas realizadas ao redor da medianoite, a catro alturas distintas cunha vintena de cores.