CRTVG

Buscar

Unha casa de Lugo convértese nun escaparate do Nadal

Publicado o 12/12/2020 21:42

Unha casa do barrio das Gándaras, en Lugo, estase convertendo nun centro de atracción turística dentro da propia cidade debido ás luces de Nadal coas que os seus donos a decoran dende hai uns anos. Un nacemento, estrelas, cervos ou bastóns de cores aledan a vista dos veciños e conseguen que, ano tras ano, esta vivenda unifamiliar situada na rúa Bolboreta reciba máis visitas.


 

Noticias web

12/12/2020