CRTVG

Buscar

Unha campaña nas redes sociais intenta mover conciencias contra o abandono animal

Publicado o 04/08/2020 22:16

Durante o confinamento, as mascotas foron queridas coma nunca. Este verán, volven ser abandonadas coma sempre.

Aida Martínez, xornalista pontevedresa e fundadora dunha empresa de servizos para mascotas, emprendeu por cuarto verán consecutivo a campaña #elveranojuntos nas redes sociais. Segundo a Fundación Affinity, o abandono de mascotas aumentou un 25% este verán, en especial, en Andalucía, e afecta todas as razas.

España é o terceiro país da Unión Europea en que máis cans e gatos se abandonan, só por detrás de Portugal e de Grecia.

Noticias web

04/08/2020