O chamamento dos farmacéuticos coruñeses a vacinarse triunfa nas redes
Coa imaxe de Pasteur, considerado o pai de todas as vacinas, como reclamo, e o cancelo #EuVacínome", o Colexio de Farmacéuticos da Coruña lanzou unha campaña para concienciar sobre a importancia da vacinación para facerlle fronte á pandemia.
Ademais do vídeo que xa se viralizou nas redes sociais, tamén confeccionaron camisetas e bolsas, que imitan as que editan os grupos musicais nas suas xiras. Luciranas persoas influentes no eido sanitario e tamén os farmacéuticos.
Outra das ideas que queren difundir é que as boticas son o punto de consulta máis próximo, onde a xente pode informarse sobre a covid e as vacinas, para evitar a desinformación ou a sobreinformación que circula por Internet.
Insisten os farmacéuticos coruñeses na campaña en que se Pasteur vivise, seguro que se vacinaría fronte ao coronavirus.