CRTVG

Buscar

Unha cámara de seguridade capta como foxe nun patinete elétrico tras atropelar unha muller en Cádiz

Publicado o 16/01/2020 15:32

A Policía Local de Cádiz trata de identificar o usuario dun patinete eléctrico que atropelou un peón e posteriormente fuxiu. Os axentes piden a colaboracion cidadá e difundiron as imaxes do atropelo.

O suceso aconteceu no serán do pasado día 11 fronte ao Teatro Romano de Cádiz.

Unha das cámaras de seguridade da rúa gravou o momento en que o usuario dun patín eléctrico atropelaba unha muller e posteriormente fuxía do lugar, sen prestarlle axuda ningunha.

Foron outros peóns que andaban pola zona os que socorreron a muller atropelada.

A Policía Local de Cádiz decidiu difundir as imaxes do suceso e pediu a colaboración cidadá para tratar de identificar o usuario do patín eléctrico.

O lugar en que se producíu o atropelo foi unha beirarrúa e o fuxido pode ser acusado de circular por onde non debía, de facelo a máis velocidade da recomendada pero sobre todo de omisión de socorro.

Noticias web

16/01/2020