CRTVG

Buscar

A Jorge Prado faltoulle un pouco de físico para acadar a primeira vitoria en MXGP

Publicado o 06/09/2020 17:05

Jorge Prado fixo unha primeira carreira do GP de Italia sensacional ocupando a primeira posición desde a primeira volta. Só Herlings conseguira adiantar a Jorge Prado que acariñaba a segunda posición na primeira carreira do Gran Premio de Italia pero unha caída a falta de catro curvas para o final impediuno. O galego viu como o adiantaban dous pilotos e tivo que conformarse coa cuarta posición.

Na segunda carreira Prado volveu a ser o protagonista, liderando a proba durante 26 minutos. Outra vez o aspecto físico resultou determinante e nese treito final Herlings, Seewer ou Cairoli conseguiron superar ao piloto de Lugo que acabou na sexta posición. 

Noticias web

06/09/2020