CRTVG

Buscar

Unha cadea perpetua e dúas condenas a 30 anos polo ataque á 'Charlie Hebdo'

Publicado o 16/12/2020 18:07
Unha cadea perpetua e dúas condenas a 30 anos polo ataque á 'Charlie Hebdo'

Os cómplices dos terroristas que en xaneiro de 2015 mataron a 17 persoas no seu ataque contra a revista satírica 'Charlie Hebdo', unha axente policial e un supermercado xudeu de París foron condenados este mércores a penas desde os catro anos de cárcere ata cadea perpetua, incluídas dúas sentenzas a 30 anos de cárcere.

O xuízo comezou o 2 de setembro e sentou no banco once dos 14 acusados de distintos graos de responsabilidade na subministración de axuda loxística, financeira ou material aos irmáns Saïd e Chérif Kouachi, responsables do ataque contra 'Charlie Hebdo', e a Amedy Coulibaly, autor dos outros dous atentados.

Todos eles foron abatidos pola policía. As condenas máis duras incluíron dous dos tres acusados que están en orde de busca e captura, Mohammed Belhoucine, que recibiu a cadea perpetua, e Hayat Boumedienne, sentenciada a 30 anos de cárcere, os mesmos que Ali Riza Polat, o único considerado cómplice directo dos tres terroristas.