Unha bonoloto selada en Poio, premiada con 2,4 millóns de euros
Publicado o 18/05/2021 20:11
Alguén acordou hoxe con case dous millóns e medio de euros no peto e a loteira da praia de Lourido, en Poio, que selou o boleto da Bonoloto que resultou premiado cre que se trata dalgún cliente habitual. O ou a acertante non se descubriu aínda, pero a Rosa, que non pegou ollo a noite pasada, aínda non lle pasaron os nervios.