CRTVG

Buscar

Unha bomba causa polo menos cinco mortos en Bagdad

Publicado o 16/11/2019 12:35

Polo menos cinco persoas resultaron mortas pola detonación dun dispositivo improvisado nunha praza próxima ao centro das protestas que veñen tendo lugar en Bagdad desde o 1 de outubro.
O Ministerio do Interior iraquí informou doutros 25 feridos entre os acampados na praza Al Tahrir, por unha bomba de fabricación caseira. Ningunha fonte vinculou nin esta nin outras tres explosións que se produciron nas rúas adxacentes coas protestas que reclaman solución para a subministración de servizos básicos e o final do que consideran un sistema corrupto.
 

Noticias web

16/11/2019