Unha banda do Leste podería estar detrás dos últimos roubos no polígono industrial en Boiro
Un taller foi o último obxectivo dos delincuentes, que nas últimas semanas semella que puxeron no centro da diana o polígono de Espiñeira, en Boiro. Na madrugada do sábado ao domingo saltou a alarma de seguridade, pero cando chegou a policía os ladróns xa fuxiran cun botín escaso, pero deixando cuantiosos danos.
Hai tres semanas outra nave do polígono sufriu un roubo semellante. Os delincuentes utilizaron o mesmo método, polo que as forzas de seguridade sospeitan que se trata dunha banda organizada e especializada neste tipo de asaltos.
A proliferación de roubos xa levou aos empresarios da zona a reforzar a vixilancia con cámaras de visión nocturna, pero non parecer ser abondo para disuadir os delincuentes. Xa lle trasladon a súa preocupación ao concello. A Garda Civil investiga estes últimos roubos.