CRTVG

Buscar

Unha avaría na rede eléctrica deixa sen luz milleiros de fogares en varias comunidades

Publicado o 24/07/2021 20:22

Un incidente cun hidroavión deixa sen luz milleiros de persoas en nove comunidades autónomas. A subministración eléctrica quedou restablecida unha hora despois de producirse o apagamento contra as catro e media da tarde.
Entre os afectados hai fogares e empresas de Madrid, Cataluña, Andalucía, País Vasco ou Murcia. Segundo Rede Eléctrica Española, o incidente produciuse na rede francesa de moi alta tensión de 400.000 voltios. Como consecuencia, a penísula Ibérica quedou desconectada temporalmente do resto de Europa. En Portugal, Lisboa ou Sintra foron algunhas das zonas afectadas.
 

Noticias web

24/07/2021