CRTVG

Buscar

Unha asociación empresarial grovense pide que se regule o estacionamento de autocaravanas

Publicado o 06/04/2021 21:23

A ponte de San Xosé e a Semana Santa foron, para a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos, un anticipo do que pode ser o verán no tocante á presenza de autocaravanas na vila se non se aproba, din, unha ordenanza municipal para regular o estacionamento dos vehículos.

Segundo o rexistro de Turismo de Galicia, no país hai 126 áreas de servizo para autocaravanas. A Asociación Galega de Autocaravanistas, que conta con 780 socios, concorda na creación de normas de estacionamento, sobre todo para os lugares protexidos, sempre que se apliquen a todo tipo de vehículos.

A pandemia consolidou un xeito de viaxar que leva anos en progresión ascendente. Aínda que en 2020 o mercado das vendas baixou un 3,6 % en todo o Estado, no mes de xullo bateuse a marca histórica de matriculacións, con 1.525 unidades vendidas.

A pesar dos meses de confinamento, case 8.700 novas casas con rodas saíron ás estradas o ano pasado. En todo 2019 vendéronse algo máis de 9.000.

Noticias web

06/04/2021