CRTVG

Buscar

Unha aplicación permitirá predicir as pragas na vide

Publicado o 06/10/2019 17:39

Adiantarse aos danos que poden sufrir os viñedos para atallalos a tempo e así salvar a colleita. É unha vella demada do sector do viño que comeza a materializarse en forma de aplicación móbil.

A aplicación, que aínda está en fase de deseño, permitirá predicir, por exemplo, o risco de praga como mildio ou oídio na distintas zonas das cinco denominacións de orixe.

Axudará a unha xestión máis sostible das explotación tanto dende un punto de vista medioambiental coma económico.

Trinta e cinco adegas das distintas denominacións participan neste proxecto. A aplicación, que será gratuíta, comezará a funcionar de xeito experimental o ano que vén baixo o nome de FITOVIT.

Noticias web

06/10/2019