CRTVG

Buscar

Unha aplicación galega facilita o control de accesos a instalacións e eventos

Publicado o 29/01/2021 15:13

As instalacións deportivas están orfas polo momento, debido ás restriccións actuais, pero cando volvan retomarse os adestramentos e as competicións, clubs e entidades dispoñen dunha nova ferramenta dixital que lles facilitará moito o traballo.

É unha aplicación desenvolvida pola empresa galega Cluber. Con un código QR e un teléfono móbil teñen na man un sistema de xestion integral desde a venda de entradas, ao control de accesos que pode realizar unha soa persoa e cumprindo cos protocolos vixentes.

Máis de 500 entidades de toda España utilizan xa a aplicación, unha delas é o club Silva de A Coruña.

Pero Cluber tamén busca poñer en valor o deporte e a aplicación permite recompilar datos que o cuantifican e obxectivan.

A aplicación tamén ten utilidade noutros ámbitos: hai administracións e entidades que se están interesando para empregala no control de accesos a eventos culturais e de lecer.

Noticias web

29/01/2021