Unha administración do Porriño xa é coñecida como a Doña Manolita galega
Publicado o 05/01/2021 15:14
A ilusión gáñalle ao frío no Porriño. Ringleiras de xente para conseguir un dos últimos décimos antes do sorteo do Neno.
Os premios do sorteo de Nadal axudan ás vendas nun negocio que suma dúas xeracións e anos de experiencia. Durante esta última semana venderon centos e centos de décimos de xeito presencial e tamén a través de Internet, todo coa esperanza de dar un novo premio este día de Reis.