CRTVG

Buscar

Unha alfombra floral para homenaxear a Galicia e o Apóstolo

Publicado o 24/07/2021 21:20

A federación de asociacións de alfombristas galegos tamén quere homenaxear este domingo a Galicia no seu día, por iso dende a tarde do sábado unhas 150 persoas colaboraron para tecer unha alfombra floral de 150 metros cadrados na praza da igrexa de san Martiño Pinario. O nexo común de todos os traballos é o Camiño de Santiago.

A arte do alfombrismo existe en Galicia dende o século XIV. Os alfombristas pertencen a quince asociacións doutras tantas localidades. Para poderen facer as obras empregan material natural de cadansúa zona. Logo aplícanlles tinturas ou colas.

En España hai máis de cen localidades alfombristas, coa remuda xeracional asegurada. Coa minuciosidade destes traballos búscase salientar, tamén, a beleza do efémero no día do Apóstolo.

Noticias web

24/07/2021