CRTVG

Buscar

Unha alfombra de algas na praia de Compostela pode asfixiar o marisco

Publicado o 11/05/2021 13:46

As mariscadoras do Carril contemplan a praia de Compostela antes de poñerse á faena. O temporal da fin de semana deixouna tan verde como un campo de fútbol. 

Rolando Vidal, presidente da agrupación de marisqueo a pé do Carril: "Isto é un fenómeno natural debido a que o vento arrastra as algas do fondo e bótaas para terra".

Pero non todo é natural. E botan en falta outras axudas.

Rolando Vidal, presidente da agrupación de marisqueo do Carril: "Estas bólas son todas dos parquistas que as botan para fóra. Tamén se podían organizar un pouco, poñer un colector na praia e facer como estamos facendo nós, que non botamos nada ao mar, todo vai para terra". 

Contan que levan máis de medio ano sen poder mariscar. Primeiro debido a unha riada que houbo en outubro. Outros temporais en febreiro e marzo acabaron por matarlles todo o berberecho e as ameixas xaponesas e babosas. Ata o xoves teñen previsto limpar esta praia. 

Rolando Vidal, presidente da agrupación de marsqueo a pé do Carril: "Isto agora mesmo non lle fai dano ao marisco porque apareceu onte, pero se o deixamos aí vai asfixiar o marisco, e por iso hai que quitalo o antes posible".

Un empregado municipal cunha pa escavadora axuda na limpeza da praia e será o Concello quen se vai facer cargo destas algas.

Noticias web

11/05/2021