Unha administración de Vigo que vendera un décimo do Gordo reparte un millón de euros
Publicado o 30/12/2020 15:37
A administración de lotaría de Sol en Vigo está tocada pola sorte. No pasado sorteo de Nadal vendía un décimo do primeiro premio, do Gordo, e agora volve a repartir outro premio: un millón de euros. Iso si, as boas novas andan polo momento na busca do seu destinatario coñecido.