Unha adega da Ribeira Sacra repite a experiencia da vendima nocturna
Hoxe Pablo e os seus están vendimando de día. Collen uva de mencía e fano como se fai tradicionalmente: de día.
Pero coa uva de godello, este sábado repetiron unha experiencia completamente innovadora na Ribeira Sacra, unha experiencia que se fixo o ano pasado por vez primeira: recoller a uva de noite.
Hai unha razón básica: mellorar en todo o posible o resultado final, gañar máis en parámetros de calidade.
O pasado mes de setembro presentaron o godello que apañaron o ano pasado. Pablo amósanolo na propia adega e asegura que foi un éxito.
O segredo, principalmente, está en evitar cambios térmico bruscos.
O ano pasado tamén alumou as vides artificialmente. O resultado do viño foi tan bo que pouco lle importa que nun principio a xente se estrañara de que vendimase de noite.
Pablo herdou o amor pola terra e a viticultura do seu pai; o mesmo amor que lles transmitiu aos seus fillos. Agora son outros tempos, e experimentar, segundo nos amosa, tivo un grande premio: un godello optimizado.