CRTVG

Buscar

Unha actuación colosal de Javi Díaz propicia o triunfo do Cangas (21-23)

Publicado o 06/12/2020 20:34

Cunha porcentaxe de paradas próxima ao 50 %, Javi Díaz foi o factor chave no triunfo do Cangas Frigoríficos do Morrazo na pista do Guadalaxara (21-23), triunfo de prestixio que lles serve aos do Morrazo para coller un pouco de aire na pelexa por evitar o descenso. 

O primeiro tempo foi de protagonismo das defensas, co Cangas sempre por diante con vantaxes que nunca superaron os dous goles (8-9 no descanso). 

No segundo tempo o Frigoríficos marchou en varias ocasións de ata tres goles (10-13, 13-16, 16-19). Porén non acabou de rachar o partido e Guadalaxara chegou con opcións ao treito final do encontro. Javi Díaz estivo decisivo con grandes paradas e o Cangas levou o triunfo por 21 a 23. 

Noticias web

06/12/2020