Unha 40.000 persoas participan nun macrobotellón no centro de Barcelona
Publicado o 25/09/2021 18:15
Unhas 40.000 persoas participaron onte á noite nun novo macrobotellón na praza de España de Barcelona, onde continúa pechado o ocio nocturno. Durante a celebración, enmarcada nas festas da Mercé, producíronse graves altercados que deixan 20 detidos e 43 feridos, 13 deles por arma branca.
Ademais rexistráronse disturbios entre os participantes e a Policía, así como estragos na moblaxe urbana e rotura de cristais no Palacio de Congresos. Mossos d'Esquadra e Garda Urbana reuníronse esta mañá para deseñar un dispositivo especial para esta noite.