CRTVG

Buscar

Maioría absoluta de Feijóo e aproximación do BNG ao PSOE nunha enquisa electoral

Publicado o 01/03/2020 14:43

La Voz de Galicia destaca en portada que a precampaña fortalece a maioría de Feijoo e estreita as distancias na esquerda. Ese é o resumo do traballo de campo realizado entre o 19 e o 26 de febreiro por Sondaxe.

Con respecto á enquisa de xaneiro deste xornal, o PP sobe un escano e sitúase en 39, un por enriba da maioría absoluta; o PSOE baixa tres e queda en 15 representantes; o BNG ascende en dous ata os 13 deputados e Galicia en Común mantense con oito.

Salienta tamén o rotativo que "a precampaña non move a Ciudadanos e Vox, moi lonxe do mínimo para lograr un escano".

Canto á valoración dos líderes, "os candidatos dos tres grandes partidos logran manter o aprobado". Encabeza a lista Núñez Feijoo cun 5,46,; a escasa distancia figura Ana Pontón con 5,42 e tamén Gonzalo Caballero supera esa barreira con 5,03. Entre catro e cinco puntos sitúanse Martiño Noriega e Gómez-Reino.

Noticias web

01/03/2020