CRTVG

Buscar

Un xulgado de Vigo condena a financeira Cofidis por usura

Publicado o 23/09/2021 14:58

Nova sentenza contra as tarxetas revolving. Un xulgado de Vigo anula un contrato de crédito que fora asinado en 2014 e mesmo cita outra sentenza do Supremo onde se declara nulo todo préstamo onde os xuros sexan desproporcionados con respecto ao prezo normal dos créditos ao consumo.

"Nos últimos anos hai moitas demandas contra financeiras por ter xuros moi elevados que responden ás chamadas tarxetas revolving. Son xuros abusivos e por iso se declaran nulos. Van en contra da chamada Lei de represión da usura", conta a avogada Cristina Martínez-Casanueva.

Desde a Unión de Consumidores de Galicia aconsellan sempre fixarse na letra pequena para non caer neste tipo de préstamos e lembran que eles presntan asesoramento e presentan reclamacións de balde.

"As persoas que contratasen estes produtos poden acudir á nosa organización para que revisemos o seu contrato e presentemos unha reclamación no seu nome. É de balde, xa que hai anos que temos un convenio coa Xunta de Galicia para atender estas reclamacións. Cada vez son menos o número de reclamacións que chegan aos tribunais e máis as que se resolven de xeito favorable", sinala o secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo.

Cómpre ter coidado coa publicidade enganosa, xa que ofrece diñeiro rápido pero a uns xuros que mesmo triplican os dun crédito ao consumo normal.

Noticias web

23/09/2021