CRTVG

Buscar

Un tudense, primeiro galego a quen lle anulan unha multa por saltar o confinamento

Publicado o 22/07/2021 19:41

A administración terá que devolverlle a un veciño de Tui 300 euros, o importe que abonou por pronto pago da sanción que lle fora imposta por saír a un parque infantil coa súa filla en marzo de 2020.

A sentenza é firme e recorda que a declaración de inconstitucionalidade das restricións de circulación fixadas no artigo 7 do Real Decreto polo que se declarou o primeiro estado de alarma ten efecto retroactivo.

O contencioso-administrativo tamén condena ao Estado a pagar as custas do proceso por actuar en contra do criterio que os xulgados pontevedreses fixaran neste tipo de casos, mesmo antes do ditame do Constitucional.

Noticias web

22/07/2021