CRTVG

Buscar

Un xulgado contra a violencia machista investigará o home que axudou a morrer a muller

Publicado o 10/04/2019 20:32
Un xulgado contra a violencia machista investigará o home que axudou a morrer a muller

O xuíz que investigaba a morte de María José Carrasco coa axuda do seu home, Ángel Hernández, inhibiuse a prol dun xulgado de violencia de xénero. Ampárase na doutrina do Tribunal Supremo que determina que debe ser investigado nun xulgado específico de delitos contra a muller calquera presunto homicidio cometido pola parella da falecida. Non obstante, a Ángel Hernández segue imputándolle un delito de auxilio ou cooperación ao suicidio.

Ángel Hernández, quen recoñeceu os feitos, pasou a disposición da xuíza que estaba de garda, o 36 de Madrid, que decidiu deixalo en liberdade sen medidas cautelares investigado por un delito de auxilio ou cooperación ao suicidio. Esa xuíza inhibiuse no número 25, que é o órgano que coñece do procedemento, dado que é o que se atopaba de garda de dilixencias cando se coñeceron os feitos e o que procedeu ao levantamento do cadáver. Pero, agora, o xuíz do 25 decidiu que o caso se investigue nun xulgado de violencia contra a muller.

Noticias web

10/04/2019