Un xuíz vigués impón como medida cautelar a devolución dunha vivenda ocupada
A denuncia por usurpación presentouse a finais de xullo e antes de sete meses o propietario xa volve dispoñer da súa vivenda. A Fiscalía apoiou a petición da devolución do piso como medida cautelar que pedira o seu avogado e o xuíz aceptouna.
E, a teor do maxistrado vigués, o caso cumpría as condicións para a medida cautelar: o denunciante demostrou a propiedade da vivenda, os ocupantes carecían de contrato e accederan a ela mediante un presunto delito de usurpación e ademais era previsible que o prexuízo para o dono se prolongase no tempo. O proceso non rematou, pero polo menos hai xa moito camiño andado.
Segundo un informe do Consello Xeral do Poder Xudicial, de xaneiro a setembro de 2020 presentáronse en Galicia 73 demandas de ocupación ilegal e producíronse 1.136 desafiuzamentos de vivendas alugadas e hipotecadas.