CRTVG

Buscar

Un xuíz de Madrid paraliza a licenza de obras para exhumar a Franco

Publicado o 27/02/2019 08:14

O titular do Contencioso-Administrativo 3 de Madrid, significado pola súa oposición á Lei da memoria histórica, atende os informes periciais de dous arquitectos próximos á Fundación Franco e desestima os informes favorables dos funcionarios do concello de San Lourenzo do Escorial e do Estado. O xuíz Yusty Bastarreche argumenta no auto que a obra de exhumación non pode realizarse porque non ten en conta os riscos para os operarios.

O Goberno di que só o Supremo ten capacidade para deter unha decisión que foi aprobada no Congreso e no Consello de Ministros.

"Non se vai paralizar nada", afirmou a vicepresidenta Carmen Calvo.

E na oposición fan diferentes lecturas:

Marta González, PP: "É unha imprevisión, outro impedimento máis nesta cadea de disparates".

Guillermo Díaz, Ciudadanos: "O Goberno de Sánchez xa rompeu o chapuzómetro. E isto é outra situación máis de bloqueo cun tema que, ademais, non sabemos que achega aos españois".

Gloria Elizo, Podemos: "É outra tetra xudicial para evitar que como recoñece o Goberno, e tamén o Supremo e o propio Vaticano, ten plena capacidade para realizar a exhumación".

O Concello de San Lourenzo do Escorial ten tres días para facer alegacións. O Goberno recoñece que este novo atranco pode supoñer un atraso na súa pretensión de sacar os restos do ditador do Val dos Caídos.

Noticias web

27/02/2019