CRTVG

Buscar

Un xuíz de Barcelona pide á xustiza europea que a clare o termo 'indefinido non fixo'

Publicado o 04/08/2021 08:44
Un xuíz de Barcelona pide á xustiza europea que a clare o termo 'indefinido non fixo'

Milleiros de interinos das administracións públicas volven mirar a Europa, polo seu futuro laboral. O Supremo concluíu que os empregados públicos que leven máis de tres anos nun posto teñen que ser considerados 'indefinidos non fixos'. E un xuíz de Barcelona pídelle agora ao Tribunal de Xustiza que aclare ese termo, segundo publica o xornal 'ABC'.

O que decidan en Luxemburgo pode abrir a porta a converter en persoal fixo os interinos que estean nesa situación, con máis de tres anos de antigüidade no mesmo posto.  

Noticias web

04/08/2021