CRTVG

Buscar

Un xuíz concede a vivenda por quendas a unha parella logo do divorcio

Publicado o 27/06/2019 15:54

Presentaron o preito de divorcio nun xulgado de Vigo despois de máis de 40 anos de matrimonio. Os dous querían quedar coa casa que construíran nun pequeno municipio de Ourense e os dous rexeitaban vivir no piso que tiñan en Vigo. 

"O xuíz toma unha decisión salomónica: para os dous", explica o avogado Óscar Luna.

Así pechou o desencontro na disputa legal pola casa de Ourense, vivenda habitual despois de xubilarse. Fixou unhas regras de uso: por quendas, de xeito alternativo, cada tres meses.

"Non hai ningunha circunstancia que fixese decantar a balanza en favor dun dos cónxuxes. Tratábase dunha segunda vivenda, de carácter ganancial e, ao non haber nungún cónxuxe necesitado especialmente, pois tivo que acudir a esa solución imaxinativa", relata o avogado.

Unha decisión ratificada pola Audiencia Provincial de Pontevedra, difícil de entender para outras parellas con anos de convivencia. Non queren poñerse no caso, pero se toca... Neste caso, a decisión do xuíz é transitoria. A sentenza de divorcio fixa o uso por quendas da casa ata que se liquiden gananciais.

Noticias web

27/06/2019