CRTVG

Buscar

Un xinete con capa sorprende os condutores da avenida Alfonso Molina, na Coruña

Publicado o 17/04/2021 11:17

Ver para crer. Nas imaxes, que circulan polas redes sociais, pode verse un home con casco de moto e capa que circula a cabalo pola avenida de Alfonso Molina, na Coruña.

Sorpresa para os que o venres circulaban por Alfonso Molina en dirección saída da cidade da Coruña. Isto foi o que atoparon sobre as oito da tarde, un xinete de a cabalo, ataviado cunha capa e cun casco que galopaba entre os vehículos.

Enseguida as imaxes comezaron a circular polas redes sociais, o que permitiu que o home fora interceptado pola Garda Civil debido ao perigo que supoñía para a circulación. Non era a primeira vez que o facía. Días atrás fora gravado nas mesmas condicións nunha rotonda en Arteixo.