CRTVG

Buscar

Un xeorradar busca restos de estruturas romanas preto do castro de Brandomil

Publicado o 22/09/2021 14:31

Persoal do departamento de Enxeñería de Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo realiza estes días unha prospección xeofísica coas técnicas de xeorradar e magnética nos terreos lindeiros ao castro de Brandomil. O obxectivo, descubrir se baixo estas parcelas agrícolas existen restos do xacemento romano.

A Fundación Brandomil, en colaboración coa Fundación Monteagudo, solicitaron esta prospección tras o achado no 2019 de parte dunha vía romana nunha zona moi próxima e hai tan só un mes de varias estruturas no lugar de Pedra do Altar que permitiron confirmar a existencia dun grande asentamento romano en Brandomil.

Á falta do procesamento dos datos, os recibidos a tempo real xa desprenden posibles achados. Se os resultados son satisfactorios, agardan poder realizar as escavacións que permitan sacalos á luz.

Noticias web

22/09/2021