Un vigués, que denuncia a imposición de multas inxustas, acumula 5.000 euros en sancións
Publicado o 21/09/2021 14:30
Un veciño de Vigo acumula multas por valor de 5.000 euros na última década. Asegura que só o quince por cento son xustas e denuncia que o resto responde á política recadatoria do Concello.
Gonzalo di que o guindastre levou o seu coche ao depósito en varias ocasións estando ben aparcado en lugares habilitados ou en paradas de autobús xa inutilizadas hai tempo.
Asegura que recorreu contra moitas destas multas sen éxito e quéixase do trato recibido.
Gonzalo di que o seu non é o único caso e que en Vigo hai máis cidadáns que viven situacións similares.