CRTVG

Buscar

Un vigués con párkinson deseña unha máquina de adestramento de uso doméstico

Publicado o 08/12/2020 15:44

Manuel di que unha persoa con párkinson libra unha batalla cada día, dende que consegue erguerse da cama.

Para vencer nesa loita, tiña claro que era necesaria unha boa forma física cun adestramento diario. Para unha persoa con párkinson, ir a un ximnasio implica moitos obstáculos e maior investimento de tempo que para unha persoa sen esta doenza. Por iso Manuel precisaba outra alternativa.

O proxecto de investigación realizouse en colaboración coa Universidade de Vigo. A máquina fabrícase en Ourense. É un pequeno aparello que permite realizar máis de 200 exercicios.

A máquina de adestramento estase distribuíndo por Europa e ata Rusia. Os últimos pasos chegaron ata os Estados Unidos, onde recibiron pedidos xa da armada americana e de equipos de baloncesto da NBA. É un dispositivo que se pode empregar na casa, pero está pensado para un adestramento profesional ou semiprofesional.

Noticias web

08/12/2020